A Biblia xa está dispoñible en galego en internet

A difusión das Sagradas Escrituras en galego avanza un chanzo coa súa publicación no portal abiblia.gal 

A edición en galego da Biblia está xa dispoñible na rede

abiblia.gal

A edición en galego da Biblia está xa dispoñible na rede

Redacción COPE Galicia

Galicia - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

En 1989 tiña lugar a primera edición da Biblia en Galego  e dende aquela, a difusión das Sagradas Escrituras na nosa lingua non fixo máis que medrar. Van catro edicións xa e sobre a última versión impresa, de 2022, vén de ver a luz a versión dixital.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT)  Fundada en 1966, nos anos 60 principiaron a publicación de fragmentos bíblicos (Evanxeos, Salmos…) para en 1973 comezar a traducir a Biblia completa directamente das linguas orixinais. O resultado foi a edición de 1989 na que traballaron 13 tradutores.

Silvestre Gómez Xurxo, presidente de SEPT, explicou que non se trata de desbotar a edición en papel, que segue a ser fundamental para o estudo e a reflexión, pero que si facilita o acceso para unha lectura cotiá e áxil. O presidente de SEPT lamentou que non fose posible incluír audios por razóns de custo e calidade, pero celebrou que agora calquera persoa cun móbil ou ordenador pode ler a Biblia en galego desde calquera lugar do mundo. 

A edición dixital inclúe o nome de cada tradutor ao comezo dos libros correspondentes e está dedicada a Alfonso Zuleta e Kiko Domínguez, dous referentes históricos da SEPT.

CONSULTA SEN ANUNCIOS NIN REXISTROS

A través do portal abiblia.gal pódese facer unha navegación polo texto íntegro dun xeito sinxelo e intuitivo, segundo explicou Lois Subiela, representante de Ozono Multimedia, a empresa encargada do desenvolvemento do sitio web

O lector selecciona entre Antigo e Novo Testamento, libros, capítulos ...e dispón  dun paxinador que facilita o desprazamento.  O deseño adapta o texto a calquera tamaño de pantalla, e os versículos aparecen numerados e destacados en azul para facilitar a consulta. A navegación polo texto web é limpa, sen ningún tipo de publicidade insertada.

Presentación da edición dixital da Biblia en galego
00:00
Archicompostela

Presentación da versión en liña da biblia en galego

Na presentación da edición en liña da Biblia, o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, puxo en valor a relevancia cultural, relixiosa e lingüística da edición dixital. Recordou que os primeiros textos bíblicos en galego datan do século XI e valorou especialmente o compromiso público do actual Arcebispo de Santiago co galego na Igrexa.

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, valorou a nova publicación máis alá da fe, como un avance para toda a comunidade. Lembrou que a falta dunha Biblia en galego mantívonos durante séculos fóra de estudos lingüísticos comparados, e agora esta edición permite que Galicia entre de cheo no ámbito da investigación científica e tecnolóxica arredor dos textos bíblicos. 

Para o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, estamos diante dun “fito histórico” que permitirá socializar e universalizar a Biblia en galego. A Xunta de Galicia apoiou a edición impresa de 2022 tanto economicamente como co asesoramento lingüístico. García explicou que dentro do Portal da Lingual galega xa está dispoñible unha ligazón a textos litúrxicos que se foron traducindo ao galego nos últimos anos.

A edición en liña permitirá que a Biblia siga sendo un texto vivo e siga encontrando eco

Monseñor Francisco Prieto

Arzobispo de Santiago

O arcebispo de Santiago remontouse ás sinagogas do século I, onde os textos se proclamaban de viva voz: "cantos textos da Biblia foron transmitidos deste xeito, escoitados por outros e postos por escrito despois". Monseñor Prieto puxo en valor que "o texto colla vida naquel que o le" e amosou o seu convencemento de que no formato dixital a Biblia en Galego chegará ata os lugares máis recónditos do mundo..."sempre que haxa cobertura,claro!".

 “Ler a Biblia é ler un dos textos que definiron a humanidade. E en galego, é tamén unha forma de celebrar quen somos”.

 

Programas

Último boletín

17:00H | 12 JUN 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking